19 sept. 2008

Onte escribinche, hoxe respondíches e saltáronseme as bágoas.
Os sonidos, os olores, as cores e as conversas naquel espazo. Alguén díxoche un día (ti e máis eu sabemos quen) que quen tocaba o clave ou era un snob ou era moi sensible.
E cada vez que escoito a Couperin algo móvese por dentro.

12 sept. 2008

Recapitulemos

Meses sen escribir, será porque nada aconteceu. Pero acaba o curso, ou empeza, como queiras, e toca facer balanzo, ás veces positivo, ás veces negativo. Relín o xa escrito e busquei a quen tanto fuxín del. Contamos os anos e comezamos a segunda man. E repetimos.
Olvidei de novo a Eric.
Mentres Esmarelda se pasea pola miña cama, pregúntome o que queda por vir. Enche de novo a colcha cos pelos que aspirei esta mañá. Chamareite Penélope, polas noites desfas o que fixen durante o día. Mal agoiro, gato negro.

25 mai 2008

Haiku




As trenzas do amor
son a bufanda dos teus muslos

13 avr. 2008

Les vacances de Monsieur Tiersen

Tras un período de descanso, o monstruo ataca de novo. Sempre o mesmo, sempre algo novo. Quero romper ese celofán!

12 févr. 2008

Once upon a time...


Foi unha Semana Santa de hai 13 anos, creo. Un sol que non tivo piedade con nós e reservas de auga que non soportaron moito tempo. Un roteiro duro, abofé, pero igualmente bonito. Só desexábamos chegar ao curuto do monte para deixar de sufrir. Alguén tivo unha lipotimia.
Os meus compañeiros deixaron de contar as miñas caídas á décimo oitava, pero ninguén puido remediar o descosido que lle fixen ao pantalón cando decidín baixar daqueles penedos tan grandes desde os que se vía o infinito do océano a modo de tobogán.
Se me apuras podo lembrar que o bocadillo era ou de lombo ou de xamón, o mellor cando tes que patear varias horas máis sen unha mísera pinga de auga, pero recordo perfectamente a camiseta que levaba. E lembro unha cresta que se sumerxía en cada regato, unha cresta acompañada dun axóuxere.
A baixada polo lado da costa foi máis levadeira, só tíñamos que deixarnos ir e a esperanza dunha fonte na vila de abaixo era a nosa principal motivación. A cola que se fixo na fonte era longa, e semellaba que nunca chegaba a túa vez.
Rematamos nunha praia da que lembro que era enorme e cun piñeiral que disque ardeu un destes anos.
Cheguei a casa morta, derreada, co brazo esquerdo completamente queimado e coa raia do pelo tan colorada que durante semanas guiábame pola súa cor para peinarme.
Pero ao empezar a subir o monte Pindo, sen me decatar, collín outro camiño, quizais o que estaba xa predestinado pero sen dúbida o que me levou durante todo este tempo. Unha estreliña que me guiou sen nin ela nin eu sabelo, ata coincidir no mesmo sitio e me (nos?) dar de conta do acontecido.
Foi unha Semana Santa de hai 13 anos, creo.

1 janv. 2008