29 oct. 2006

Caleidoscopio

Imaxina un caleidoscopio que na vez de ter cristais de cores no seu fondo teña anacos da túa vida e cada vez que o xires vexas o que puido ser e non foi.
Mentres tanto, o experimento poético de Kathleen Raine

It burns in the void,
Nothing upholds it.
Still it travels.

Travelling the void
Upheld by burning
Nothing is still.

Burning it travels,
The void upholds it
Still it is nothing.

Nothing it travels
A burning void
Upheld by stillness.

3 commentaires:

O gardador de xanelas a dit…

Non gostaría de ter un caleidoscopio así; volveríame tolo. As cousas foron como foron. Ponto. Non hai máis voltas a darlle.
Prefiro ter un caixón, onde ir amontoando as cousas que foron acontecendo ao longo da miña curta vida, e neses días de muita chuvia, nos que o frío se mete nos osos e o único que che apetece é estar estromballado no sofá cunha mantiña a escuitar as pingas batendo na xanela, abrir ese caixón e ir repasando as cousas que se foron sucedendo, repasalas, para ir tirando novas ensinanzas, novas leituras que antes, pola miña inexperiencia ou simplemente pola miña inocencia, non souben (ou non quixen)ver no seu momento.
O calidoscopio paréceme unha arma de duplo gume que non ten o caixón.

Aude a dit…

Que pouca imaxinación ten, Xanelador! Non se trata de desexar esas vidas, senón de xogar a crear outros mundos coa materia do teu propio.

O gardador de xanelas a dit…

"cada vez que o xires vexas o que puido ser e non foi".
Revisión do pasado meu/miña querio/a aude!