22 mars 2007

Actos incontenibles

Hoxe recordei unha muller que se paseaba polo Prado facendo a manicura. Pasaba dun cadra a outro con total indiferencia, centrando a súa atención na perfección das súas cutículas.
Lembreina por unha señora semellante, que nos deleitou en sesenta minutos co seu repertorio de actos cotiáns íntimos. Un iogur, leite con cacao e unha manicura francesa impecable. O que fai calquera de nós unha noite calquera na súa casa. O sorprendente é que este ritual tivo lugar nun tren. Pareceume o máis obsceno exhibicionismo.

Aucun commentaire: