
Levo un tempo, bastante tempo, montando un pequeno puzzle. Non sei cantas pezas son, non as contei, pero en cada conversa aparece unha nova que se coloca no seu lugar e entre todas van deixando ver unha paisaxe. Faltan algunhas, non sei se moitas ou poucas, pero vou entendendo pouco a pouco. E a medida que comprendo vexo o que fixen mal e síntome culpable, outra vez, e non sei como pedir perdón.
A paisaxe, non sei, quizais un cadro surrealista, fai medrar a intensidade dos sentimentos. E decátome de mil cousas, algunhas custa recoñecelas, outras quixera berralas entre a multitude.
Pero cada día, un pouco máis, medra aquilo que che dixen.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire