
Moverse dun punto a cara a outro b. E digo “cara a” e non “ata” porque pode ser que non chegues a b, ou que c se convirta en b, ou que haxa un b1, un b2, un b3; pode que nunca saias de a.
E viaxando coñeces mil persoas e resulta que te atopas a ti mesmo.
Viaxando ves paisaxes diferentes e daste conta de que é só unha.
Viaxar é medrar, respetar, aprender, experimentar.
Só viaxan os curiosos.
O resto da xente desprázase.