10 sept. 2006

Viaxar


Moverse dun punto a cara a outro b. E digo “cara a” e non “ata” porque pode ser que non chegues a b, ou que c se convirta en b, ou que haxa un b1, un b2, un b3; pode que nunca saias de a.
E viaxando coñeces mil persoas e resulta que te atopas a ti mesmo.
Viaxando ves paisaxes diferentes e daste conta de que é só unha.
Viaxar é medrar, respetar, aprender, experimentar.
Só viaxan os curiosos.
O resto da xente desprázase.

1 commentaire:

Anonyme a dit…

Gosto da diferenza que fas entre "viaxar" e "desprazarse". Alén diso, "desprazar" é reflexivo, implica mover unha cousa dun lado a outro, implica ollar cara o embigo dun mesmo e non ver máis nada. Cando eu me desprazo vou lendo ou escuitando música, cando viaxo vou tirando fotos, aspirando fundo os diferentes recendos, esculpindo co meu ollar na mente todas as cousas que vou observando, gardando todo aquilo que -nun futuro- me pode lembrar que estiven alí.
Vivan as viaxes!!!