
Cando pequenos, os maiores dinnos que os nenos veñen de París. Eu nacín en alí. Aínda lembro o momento no que entrei na vida, tan inocente, paseando polas rúas da cidade.
And it is me who is my enemy Me who beats me up Me who makes the monsters Me who strips my confidence
2 commentaires:
Eu tamén nacín alí, mais non lembro nada de nada: nin as primeiras contraccións apelándome a saír, nin o líquido amniótico que en breve deixaría de me envolver, nin o escorregar polo tobogán do útero, nin a luz que me asulagou ao saír ao exterior, nin a palmadiña no cu do doutor, nin as ganas contidas forzosamente de lle devolver a palmadiña.... Gostaría lembrar o primeiro abrazo que me deu a miña nai, mentres o doutor e as enfermeiras falaban en francés. Dubido se as primeiras palabras que ouvín (que non escuitei, xa que esa habilidade supoño que non a desenvolvera inda)foron en francés (do corpo médico) ou en galego (da miña nai), mais o que me calou na miña alma foi o galego, claro.
Aínda que nacín en París, non lembro nin o pisiño onde vivín, na rue Claude Bernard (médico e filósofo francés do século XIX), nin lembro os paseos que me daba a miña nai polos Xardíns de Luxemburgo, nin cando me caíu unha cafetera italiana a ferver polo meu brazo esquerdo (a esquerda, tan castigada sempre!) e estiven tres días no hospital co brazo vendado, nin lembro a primeira viaxe que fixen fóra de París, fóra da Île-de-France, fóra de Franza, a Galiza, ás miñas raices; non lembro os mil e pico quilómetros que percorremos naquel Renault 19 verde cos faros antinéboa típicos franceses, sobre todo da zona parisina... Non lembro as visitas que facían os meus pais aos outros emigrantes galegos os domingos á tarde, nin a única celebración do meu aniversario, cando cumprín un, e a miña nai fixo a derradeira tarta que fixo até o de agora, e a madriña de meu irmán, unha portuguesa, non creu que a fixera a miña mamá, do rica que lle quedara... Non lembro nada deses quince meses que paseu en París, que, no meu subconsciente, tanta pegada me deixaron na miña infancia e que fixeron que gardara unha infinita saudade por aquela cidade tan afastada agora, até que entrou a puberdade e, con ela, após uns anos, o meu amor por Galiza expulsara para sempre dita saudade (aquela visión tan romántica do meu París natal) inda que hai días que vexo fotos miñas de pequeno alí e, mui lonxe, hai algo que me chama a volver alí, inda que só sexan uns días.
Nacín en París, non lembro a miña estancia, mais a miña alma si.
Enregistrer un commentaire