
Alguén me dixo hai unhas noites que o que lle pasa a Felipe nesta tira é parte do seu encanto, e como a el a min tamén me ocorre. Non podo máis que rir e cuestionar.
Onte pola noite todo o mundo estivo de acordo en repetirme unha e outra vez que para triunfar hai que arriscar.
Levo días ríndome de min mesma e convencéndome de que non podo repetir erros xa cometidos. Levo noites producindo na miña cabeza unha película. Repito escenas unha e outra vez intentado mellorar cada detalle. E creo que xa é o momento da estrea. Con alfombra carmín, coma en Hollywood.
Incluso cheguei a contratar uns sicarios para efectuar o traballo suxo, pero ao final decidín que non, mellor que non actúen, porque prefiro ser eu quen poña as cartas sobre a mesa. Agardo que lean isto antes de que sexa demasiado tarde.
E se non acontece nada, se o espectáculo non ten a acollida desexada, polo menos durmirei tranquila porque sei que apostei todo o que tiña.
6 commentaires:
Espero que os sicarios, ao final, non che fixeran falta e que afastaras até un recuncho do teu ser esa parte de Felipe que todos temos. Merécelo
Os sicarios non se presentaron na data acordada. Pero non fixeron falta. Todos decidimos saltar sen saber se se abrirían os paracaídas.
...e... estrelástesvos ou que???
Para saber o que aconteceu, as lesións e feridas, ten vostede que convidarme a un café...
Nunca, nunca, nunca, un café me resultou tan barato, tan rápido e tan inexistente ;)
Nunca, nunca, nunca me sentín tan bocazas como a noite do martes...
Enregistrer un commentaire