10 sept. 2006

Viaxar


Moverse dun punto a cara a outro b. E digo “cara a” e non “ata” porque pode ser que non chegues a b, ou que c se convirta en b, ou que haxa un b1, un b2, un b3; pode que nunca saias de a.
E viaxando coñeces mil persoas e resulta que te atopas a ti mesmo.
Viaxando ves paisaxes diferentes e daste conta de que é só unha.
Viaxar é medrar, respetar, aprender, experimentar.
Só viaxan os curiosos.
O resto da xente desprázase.

7 sept. 2006

De onde vimos




Cando pequenos, os maiores dinnos que os nenos veñen de París. Eu nacín en alí. Aínda lembro o momento no que entrei na vida, tan inocente, paseando polas rúas da cidade.

4 sept. 2006

Homenaxe ás vacalouras


And if you ever feel a little lonely, dear,
I want you to come on, come on to your mama now,
And if you ever want a little love of a woman
Come on and baby baby baby babe babe baby now
Cry baby yeah.

Janis Joplin

1 sept. 2006

Declaración de intencións


Ler as dedicatorias dos discos.