22 déc. 2006



Se credes ou non en Papá Noel, se gostades de estar coa familia ou non, se amades ou permanecedes fríos coma o xeo, se comedes turrón de chocolate ou do duro, se disfrutades destas datas ou vos producen un prurito no máis fondo, a todos vós deséxovos un ano 2007 repleto de cousas bonitas. Quérovos.

3 déc. 2006

Filloi

Hai unha aldea entre Forcarei e Silleda chamada Filloi. Ultimamente é o meu refuxio, o lugar ao que quero ir cada día, desde que me levanto ata que me deito. Pouco a poco vou coñecendo as súas ruelas, o que ela deixa ver. Quixera habitar alí. Se me deixas.