27 sept. 2007

Recordo

Cando o luxo e o lixo me provocan náuseas...

24 sept. 2007

Enigmática Lisa




Queda inaugurada a tempada do edredón (e de durmir con calcetíns, con jersey, bolsa de auga...)

14 sept. 2007

Wondering why

Onte, de camiño a casa, atopeime baixando polas Rodas e non puiden evitar pensar en que hai cinco anos aquela costa era ben diferente ao que é agora.
Pregúntome por que é tan distinta se todo segue no seu lugar. En esencia a mesma, pero á vez é outra.
Pero cada tolo co seu tema...

9 sept. 2007


De maior quero ser coma ela, sempre llo dixen. Pero onte despediuse e mañá inicia unha nova etapa noutras terras. Quizais non nos volvamos ver. Produce vértixe.
Sorte, nena, no teu camiño.

5 sept. 2007

Confesión

Que se o boto de menos? Acabo de regresar a casa añorándoo. Todo.

3 sept. 2007

Mamás e papás


Van ser mamá e papá, papá e mamá. En febreiro. Un pequeno de ollos grandes e corpo delgado que terá cordas por xoguetes e música para durmir cada noite. E o primeiro que apenda a dicir, cando camiñe entre táboas de discutibles olores, será "trencha". Ou "raspilla". Quen sabe.
Parabéns aos dous.