30 janv. 2007

Sabiduría popular


Catro cousas hai no mundo
que fan perder os sentidos:
amar e non ser amado,
querer e non ser querido.

Conversa trascendental





-Pregunteime moito por ti todo este tempo.
-Ben puideches chamarme.
-Si...

27 janv. 2007

Loulou



Dans la petite rue qui mène au bout du port
En face de l'atelier des dentellières
en haut de l'escalier qui monte à la verrière
Loulou est restée chez elle hier au soir encore

La pluie sous la lumière des lampadaires
Tombait sur les vélos rangés dehors
Adossé au mur le long du magasin de sport
Je suis resté assis comme ça au moins une heure entière

Loulou à changer sa vie et son décor
elle dit qu'elle a trouvé enfin son nécessaire
que nouveaux amis valent mieux que ceux d'hier
On pouvait voir passé leur ombre sur le store

C'était comme une soirée d'anniversaire
On les entendait rire jusqu'au dehors
Et puis la pluie est partie doucement avec le vent du nord
Je suis rentré tranquille à pied sous la nuit claire

Et toi tu vis toujours ton imaginaire
Toi qui te promène partout l'air abattu
ce serait bien que tu comprennes maintenant qui y a plus rien à faire
que tu retrouve un jour ou l'autre ta raison perdue
Loulou ne t'aime plus…

26 janv. 2007




Sempre digo que a sorte non se ten, trabállase e consíguese.
Ultimamente non fago máis que preguntarme que é o que estou a facer mal.

25 janv. 2007

Transportes


Hoxe farteime de agardar polo autobús. Enchufei os cascos ás orellas e camiñei os 5 km ata a miña casa. Que os jodan.

22 janv. 2007

Estes rapaces teñen a capacidade de rirse de si mesmos. Semellan ser grandes persoas. E iso fainos bos.

21 janv. 2007


Semanas tan bonitas que semellan meses. Meses tan intensos que parecen vidas.

8 janv. 2007

Hai veces que as coincidencias parecen querer dicir algo. E hoxe cando entrei na sala Eva cantaba o meu sentir. Fiquei sentada, sen parar, escoitando, e unha bágoa escorreu meixela abaixo. Eva abriu feridas.
Intento manter a coraza pechada fortemente sobre o peito para que nada, nada, poida mancar. Pero hai incertidumes que a destrozan. Outra vez.
Despois de dous meses de espera, de non saber, de tensión, de ilusión, as dúbidas alleas condúcenme outra vez a mil inseguridades. Sen unha explicación que me axude, atópome de novo coma o funambulista sobre o fío, intentando gardar o equilibrio sen rede baixo os pés. O meu fráxil equilibrio.
Volvo a escapar, de min, de ti, de todo e todos. Quero fuxir a cidades de pontes sobre ríos, á soidade de ríos que destrozan pontes. Busco refuxio no traballo e nas vidas alleas, cansa de vivir as miñas mil vidas que nunca ningunha se cumpre.
Non espero nada de ninguén e tampouco confío en palabras ditas. Non agardo máis que a calor do edredón na noite. Non busco consolo, non busco nada.
Pero teño que morder a lingua, respirar profundo, desliar o nó da gorxa e pendurar baixo o nariz o sorriso. É o que me queda.
Un pequeno amago de suicidio.