29 mai 2007

Et le nantais

Boa forma de comezar, si señor. Días de calor e acentuación oxítona.





26 mai 2007

Le marseillais

Je m'ai souvu que j'ai oublie Eric e son mer marseillais. Excusez-moi, Eric.

12 mai 2007

Test de Proust

Píntega, Píntega... Bueno, tocoume. Aí o vai.

1. O principal trazo do meu carácter?
Tenacidade.

2. A calidade que prefiro nun home?
Que sexa persoa.

3. A calidade que desexo nunha muller?
Que sexa persoa.

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
Que sempre están aí e que aínda que non estean de acordo co que fago, sempre me apoian.

5. O meu principal defecto?
As cousas teñen que ser ao meu xeito.

6. A miña ocupación preferida?
Estar de cháchara coa xente que quero.

7. O meu soño?
Estoume dando conta de que se cres firmemente neles pouco a pouco fanse todos realidade.

8. Cal sería a miña maior desgraza?
Convertirme naquilo que detesto.

9. Que quixera ser?
Estou moi ben comigo. Non me cambio.

10. Onde desexaría vivir?
Agora mesmo? A uns 2000 km por estrada ou a unha hora e media de avión.

11.A cor que prefiro?
Verde e tella.

12.A flor que prefiro?
Os bulbos en xeral.

13.O paxaro que prefiro?
Gústanme todas, pero hai uns días vin unha bubela e alucinei.

14.Os meus autores preferidos en prosa?
Almudena Grandes. Grande es ella.

15. Os meus poetas preferidos?
Arzak e Adriá parécenme grandes poetas.

16. Os meus heroes de ficción?
Corto Maltés.

17. As miñas heroínas de ficción?
Pois non teño.

18. Os meus compositores preferidos?
Satie e Tiersen, sempre.

19. Os meus pintores predilectos?
Van Gogh, Klimt, calquera impresionista...

20. Os meus heroes da vida real?
Todos aqueles que sobreviven e superan as dificultades.

21. As miñas heroínas históricas?
Pois igual cós heroes.

22. Os meus nomes favoritos?
De home Miguel e Guillermo. De muller Lucía.

23. Que detesto máis que nada?
Que me mintan.

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Aznar se lleva la palma.

25. Que feito militar admiro máis?
A toma de Perejil.

26. Que reforma admiro máis?
Lutero tivo o seu punto.

27. Que dons naturais quixeras ter?
Un metabolismo que me permitise non ter que mirar o que como.

28. Como me gustaría morrer?
Nin queimada, nin afogada, nin dun disparo nin navallada, nin guillotinada, mellor de morte nartural.

29. Estado presente do meu espírito?
Felicidade, aínda que boto en falta a alguén, moito.

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Coincido con Píntega: Aqueles que están feitos desde a bondade, incluso aínda cando aínda non saen ben.

31. O meu lema?
Nunca choveu que non escampara e O poder está nas túas mans.