27 avr. 2007

24 avr. 2007

Tomorrow

Abril chega ao seu remate. E con abril, augas mil. Todo semella atopar o seu cauce, as cousas queren ir polo rego. E o mundo xirará unha vez máis. Que sorpresa deparará mañá? Despois de tempos nos que a ansiedade compartía os cafés comigo, hai unha dirección que guía a bicicleta. E eu só pedaleo.
Escoitei unha pequena reflexión sobre as cousas que esperas e o inesperado, e como este último é o motor das nosas vidas. Sempre hai pequenas sorpresas agardando por nós.

7 avr. 2007


Levo un tempo, bastante tempo, montando un pequeno puzzle. Non sei cantas pezas son, non as contei, pero en cada conversa aparece unha nova que se coloca no seu lugar e entre todas van deixando ver unha paisaxe. Faltan algunhas, non sei se moitas ou poucas, pero vou entendendo pouco a pouco. E a medida que comprendo vexo o que fixen mal e síntome culpable, outra vez, e non sei como pedir perdón.
A paisaxe, non sei, quizais un cadro surrealista, fai medrar a intensidade dos sentimentos. E decátome de mil cousas, algunhas custa recoñecelas, outras quixera berralas entre a multitude.
Pero cada día, un pouco máis, medra aquilo que che dixen.