30 mars 2007

Mofa e mofa

Onte á noite foi a entrega dos Premios da Música 2007 que entre a Academia da Música. O premio á mellor canción en galego foi para Cómplices por non quero saber que. Miopía ante a vida musical.
Todos os poderes cheiran igual de mal.

22 mars 2007

Actos incontenibles

Hoxe recordei unha muller que se paseaba polo Prado facendo a manicura. Pasaba dun cadra a outro con total indiferencia, centrando a súa atención na perfección das súas cutículas.
Lembreina por unha señora semellante, que nos deleitou en sesenta minutos co seu repertorio de actos cotiáns íntimos. Un iogur, leite con cacao e unha manicura francesa impecable. O que fai calquera de nós unha noite calquera na súa casa. O sorprendente é que este ritual tivo lugar nun tren. Pareceume o máis obsceno exhibicionismo.

17 mars 2007

Amaestrar ovellas





Unha tarde aprendéndolle a unha ovella o valor do chocolate.

11 mars 2007

Hibernar


Onte fomos á praia, a Baroña. Había anos que non pisaba a area e que non me bañaba no mar. Ía calor, non demasiada, pero suficiente para convidarnos a xogar na auga. As ondas rompían con forza sobre nós e nos arrastraban cara a dentro e cara a fóra.
Despois, na toalla, agardábanos un bocadillo de mortadela. Sen aceitunas.
Foi unha tarde divertida.

7 mars 2007

Decisión




Por onde ir?

4 mars 2007

Barcelona (break febreiro 07)

Barna é unha cidade grande, unha mestura entre París Coruña e Toulouse. Demasiado grande para tres días. Cálida e aberta. Gústame.
O mapa é cortesía de Lucanuscervus.
Joooooooooooooooooooooooooo...

3 mars 2007

O Concerto (break febreiro 07)


Parco en palabras, coma sempre; xeneroso en melodías, o habitual.
Pop, rock, experimental, post-rock, minimalismo... quizais pendurarlle unha etiqueta sexa un exercicio de pechazón mental, un pequeno despropósito co seu traballo. A xente gustou do concerto, pero non foi quen de escapar dos seus prexuízos e deixar de emocionarse máis coas pezas que o encasillan.
Supoño que a electricidade é o seu xeito de rirse de todo.

2 mars 2007

Pés nus


Ás veces hai un corte na rutina do día a día, pequenos xogos que a vida garda para nós, para sorprendernos e deslumbrarnos con pequenos destellos de felicidade. Días de mil matices nos que non importa se vas ou vés, non importa chegar, só estar disfrutar de nosoutros.
Botarei en falta as noites de edredón, o sabor da túa presencia e sentir dentro a quen realmente es.